FOTOS ENXEBRES

Pois si q é pequeno!
"No hay mal que por bien no venga": así que gracias a esta perda de arnés, quedamos oficialmente presentados.

Frio si que ia, moito, pero era a cambio unha bonita mañá dunha atmósfera limpisima (para poder albiscar coa ollada a inmensidade do océano que me ia levar se non me espabilaba, eu sempre tan acojonado)
A foto, que tirou un amigo -unico ser vivo à vista-, non me fai xustiza: parece prometer grandes "performances". Non é asi a realidade. A vantaxe da fotografia sobre os vídeos, demasiado sinceiros estes.

Queria localizar máis fotos daqueles tempos heroicos dos 80.
Especialmente (ainda que ao 99% non vou topar) algunha dun tandem monstruoso que tiña un amigo. Serían uns 5metros e pico, 50kg (estarei esaxerando?), de artefacto flotante. Puñetero para operacións terrestres (tanto é así q o deixabamos na praia confiando que o seu peso sería abondo obstáculo para os ladróns; até que un dia pasou un ladrón máis forzudo do que a media), pero moi divertido para navigar en duo; esquencendo intencionadamente para facer máis doce o recordo o jodido sistema q levaba de pé de mastil -un cilindro que se metia na taboa circundado por un anel de goma- e que non aguantaba 5minutos sen sair.
Case tan seguro era andar sobre el coma pisar terra firme.
Pero, en fin, foise co vento.

Prometo buscar imaxes.
 
Volver
Arriba